Información

      "Un Disfraz Equivocado" é unha peza de danza contemporánea inspirada na colección "Máscaras" do escultor galego Pablo Barreiro e apoiada na obra "A Tabaquería" de Fernando Pessoa. 
      Esta peza foi estreada en Santiago de Compostela no 2011, e foi exhibida en distinitos espacios de Galicia nos seus formatos de sala/teatro, como microdanza, de rúa e en espazos non convencionais. Asimesmo a suá duración pode variar.
      Cabe destacar a participación da Compañía Cisma con esta peza na III Edición do Festival das artes escénicas do Gran Caribe que tivo lugar en Abril do 2013 en Colombia.



SINOPSE

      A conxunción das identidades lévanos inevitablemente ó colectivo, e é na interacción coas demais que esta identidade vólvese feble. Na procura dunha solución fácil as persoas crean unha máscara que logo lles resulta difícil discernir da súa propia face.




Fixen de min o que non souben
e o que podía facer de min non o fixen
vestín un disfrace equivocado
tomáronme por quen non era,
non o desmentín e perdinme
cando quixen quitar a máscara
estaba pegada á cara.
Cando quitei a máscara e vinme no espello
xa tiña envellecido
(A Tabaquería - Fernando Pessoa)





      Nesta obra preténdese destacar aqueles aspectos que forman parte das nosas traxectorias como seres humanos, recollemos momentos marcados por experiencias propias e que nos definen. Pero esta peculiaridade individual lévanos a encontrar elementos comúns, experiencias vividas que se repiten, que forman parte duns e doutros, no fondo todos facemos parte dun todo idéntico, a sociedade. Os nosos intentos de diferenciación vense bloqueados polo colectivo.





DURACIÓN: 55 min
DIRECCIÓN: Xiana Vilas, Isabel Sánchez, Fiona B. McCudden
COREÓGRAFÍA: Xiana Vilas, Isabel Sánchez, Fiona B. McCudden
INTERPRETACIÓN: Xiana Vilas, Isabel Sánchez, Fiona B. McCudden/Claudia Delso
LUZ E SON: Carlos Sarille





Descarga o dossier do espectáculo no seguinte link:
"Un disfraz equivocado" en pdf